lunes, 29 de marzo de 2010

07: Ahmad Jamal: Jamalca

Ahmad Jamal (en Wikipedia), controvertido músico estadounidense con antepasados musulmáns. Son precisamente estas raíces árabes as que converten o Jazz de Ahmad Jamal nunha experiencia musical moi diferente.

O noso músico de hoxe, empezou a tocar o piano con apenas tres anos e foise de xira cunha banda aos 19. Ahmad Jamal non deixa de sorprendernos aínda. Con 70 anos gravou o seu derradeiro disco. Seguirá compoñendo?, aínda segue a dar concertos. Estaremos á espera.

Falaba antes de raíces. Si, o segredo de Ahmad Jamal está na mesma fórmula que usou Michel Camilo (entrada número 2) para triunfar: adaptar a música á vida. Hai un proverbio chino que di que é mellor pensar en poñernos zapatillas antes de enmoquetar o mundo. Isto non quere dicir outra cousa que saber adaptármonos ás circunstancias en lugar de pretender cambiar aos demáis porque cada un é como é, unha actitude moi intelixente ante a vida. Pois ben, Ahmad Jamal colleu a música árabe, chea de cromatismos e enrebesadas escalas modais, e adaptouna aos esquemas do jazz. O resultado é o que podedes escoitar na súa canción "Misdemeanor".

Cabe destacar por suposto a súa capacidade para improvisar solos nas escalas árabes das que falabamos antes. É interesante fixarse na batería, cuns ritmos moi mesurados, cada un no seu lugar, sen exceso de hornamentación rítmica.

Como proba da pegada que deixou na historia do Jazz este músico, podemos citar que Miles Davis deixou recollida na súa "Biography" a seguinte frase: "When people say Jamal influenced me a lot, they're right..." .Podemos atopar influencias de Ahmad Jamal no Kind of Blue de Miles Davis, ou en nas escalas empregadas nos solos por John Coltrane.

Jamalca foi o primeiro vinilo de Ahmad Jamal (1974). Teño o privilexio de contar con el na miña colección entre outros grandes.

Escoita "Misdemeanor"


Raúl Constela Lorenzo
raul@raulconstela.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario