domingo, 21 de marzo de 2010

06: Algo forte: Paolo Conte

Logo destas semanas de descanso e reflexión, volto coa miña sección de jazz. Non máis de 5 minutos por semana, ese é o meu compromiso.

Volto, e vexo cambios, o marrón, vermello e negro xa non son as nosas cores no Music in the Memory. Todo un acerto para o noso administrador. Un look máis sinxelo, lexíbel e atractivo.
Para non ficar demodé, modifiquei un pouco a miña identidade gráfica, gústame estar á última.

Pero ben, imos ao que nos toca, Jazz. Concretamente, Paolo Conte. Pianista italiano, que chegou ao mundiño da música tocando o vibráfono como aficcionado. Cando deixou as mazas e pasou ao teclado, incorporou á súa impresionante voz nos seus temas.

Nalgún post anterior, falabamos da voz suave e melosa de Chet Baker. Paolo Conte é todo o contrario, unha voz forte, rasgada, con potencia e firmeza. Pero sobre todo presenza. Unha voz tan característica otorga a Paolo Conte unha presenza no escenario que poucos artistas conseguen.

Seguido as pautas tradicionais do Jazz, poñendo voz en Italiano, e refinando a técnica en cada disco, Paolo Conte converteuse nun dos grandes entre os grandes, e segue vivo, e segue cantando e tocando.

Composicións complexas na técnica e sinxelas de escoitar, combinadas coa maxia do directo, converten o álbum "Live in Arena di Verona" nun traballo que non pode faltar nas nosas bibliotecas de Jazz.

Vémonos a semana que ven cun novo disco de Jazz que faga un pouquiño mellores e máis felices as nosas vidas. Non deixes de escoitar!

Escoita "Sparring Partner"

Raúl Constela Lorenzo
raul@raulconstela.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario