lunes, 25 de enero de 2010

02: Tes 5 minutos para "Suntan" de Michel Camilo?

Aparta 5 minutos os apuntes da mesa, pon en silencio a tele 5 minutos, dálle á pausa no iTunes ou dille á tua nai que falades logo. En 5 minutos un tema de Jazz. Esta semana Michel Camilo.

Este mago* do teclado do piano, compuxo a súa primeira obra con 5 anos, a idade na que un rapaz comeza a ter conciencia na memoria, dos espazos físicos nos que se move. É dicir, cando vai sabendo como se chega ao colexio etc. Once anos despois (con 16) tiña xa a cátedra de música do Conservatorio da República Dominicana.

"Suntan" foi o seu segundo álbum (logo de "Why Not!") co seu trio.

Se Michel Camilo converteuse nun emblema da música non é so polo seu virtuosismo ante o piano, nin polo seu amplo coñecemento musical de harmonías, escalas etc, senón por saber combinar todas estas armas e aínda máis por saber empregar o seu bagaxe cultural e as súas raíces para crear un novo xénero ao que eu lle daría o seu nome, pero que é coñecido como "Caribean Jazz".

Coller as harmonías empregadas por Miles Davis, as escalas dóricas, xónicas ect combinadas por John Coltrane e mesturalas coa colorística e inconfundíbel música caribeña, converte a Michel Camilo no xenio da música instrumental lationamericana e nun dos mellores pianistas do panorama musical internacional. Convídovos a deixarvos perder 5 minutiños polo seu tema "We Three", paga a pena.

Vémonos a semana que ven cun novo disco de Jazz que faga un pouquiño mellores e máis felices as nosas vidas. Non deixes de escoitar!

Escoita "Suntan"

Merca "Suntan" en iNovam, tenda eBay (deixa un comentario co teu email, envíanos o teu email a inovamusica@gmail.com, chama ao 665 153 884 e recibirás información). Pide o disco que queiras por menos de 10€.

*Facer Jazz coa música caribeña non é fácil.

1 comentario:

  1. Mola! Tiven que modificar un pouco a entrada porque fixen un estropicio cando intentei cambiar un error na plantilla. Creo que puxen todo como estaba, senón mira ti...

    Por certo, fai se queres en galego as entradas, penseino un pouco máis y o deixo na túa decisión, aínda que só o podan ler as persoas de Galicia...

    ResponderEliminar