domingo, 7 de febrero de 2010

04: Algo suave: "Round' midnight" de Chet Baker

Chet Baker é un dos grandes vocalistas de Jazz da historia. Curiosamente tamén é un dos máis grandes trompetistas do xénero. A mágoa é que cando cantaba os seus acompañantes se ecargaban da trompeta e o seu instrumento ficaba un pouco relegado.

A música de Chet Baker é como un camiño, como unha senda que invita a pasear por ela. É unha música moi suave, tanto pola súa forma de tocar a trompeta como pola súa voz delicada.

Toques de piano, arpexios maxistrais de voz e trompeta, un contrabaixo fino pero con forza, melodías que trazan unha liña cara o infinito, enganchan a Chet Baker coas nosas mentes.

É realmente unha música profunda e sentida. Chet Baker non era dramático como Billie Holiday nos seus shows pero si mostraba un grande intimismo, fonte das súas composicións.

"Round' midnight" foi publicado no 1981, sete anos antes da súa morte, no contexto dunha sociedade industrial en recuperación ideolóxica e sentimental logo dos grandes desastres da humanidade, que vertía as súas mágoas en clubes e cabarets.

Nin o exército, nin a violencia, nin as drogas, nin o cárcere quitaron a Chet Baker da lista dos grandes, na que ficará por sempre coa súa música. Cun café na man e escoitando "Everything happens to me" do álbum protagonista de hoxe, podo dicir que é un dos máis grandes praceres para 5 minutos de descanso.

Vémonos a semana que ven cun novo disco de
Jazz que faga un pouquiño mellores e máis felices as nosas vidas. Non deixes de escoitar!

Escoita "Everything happens to me"

Merca "Suntan" en iNovam, tenda eBay (deixa un comentario co teu email, envíanos o teu email a inovamusica@gmail.com, chama ao 665 153 884 e recibirás información). Pide o disco que queiras por menos de 10€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario