domingo, 18 de abril de 2010

10: “The atomic Basie”. De Count Basie

Count Basie é ao meu parecer o máis grande referente das big band. Naceu no 1904 no seo dunha familia de músicos, e a dirixiu durante máis de 50 anos a súa big band.

As big band, son, como o seu propio nome indica, grandes bandas. Escoitar a Count Basie é trasladarse aos clubes de Jazz dod anos 30. Él foi o primeiro en facer música así. Explosións de son, potente sección de vento, impecable percusión. As big bands de Count Basie estaban formadas polo mellor do mellor, tocar con el era todo un mérito.

As big band configúranse por seccións instrumentais que desempeñan as mesmas funcións que os instrumentistas das bandas normais: sección de percusión, sección rítmica, sección melódica, acompañamentos etc. O corpo de sonido que se acada cunha banda deste tipo é impresionante.

Paga a pena fixarse nos solos. Sabedes que nun solo de Jazz, o insturmento que fai o solo, improvisa e os demáis seguen tocando unha base. Imaxina que a base sobre a que vai o solo, está tocada por 20 ou 30 músicos...

¿Como soará un dos máis grandes pianistas e directores da historia, acompañado por unha morea de instrumentistas de luxo?

Escoita Splanky (The Atomic Basie, 1957)

Vémonos este mércores na inauguración da miña nova sección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario