martes, 27 de abril de 2010

02- HOXE ESCOITO Fràgil

"Fràgil" é o novo disco de Els Pets, grupo catalán de pop-rock.

Logo de tres anos de silencio trala publicación do seu álbum "Com anar al cel i tornar" (como chegar ao ceo e voltar), Els Pets volven a sorprendernos con este traballo que saíu á rúa o 19 deste mes.

Els pets son un grupo catalán de pop-rock cun amplísimo repertorio que abarca dende cancións intimistas e crúas até os temas máis festeiros, pasando por outros reivindicativos e de loita. Els pets son música para a vida.

A discografía de Els Pets representa unha evolución vital. Con 24 anos, dende a publicación do seu primeiro traballo (en vinilo), os tres músicos pasaron xa por todas as etapas dun grupo, que foron ligadas ás súas etapas persoais. Lluís Gavaldà, Joan Reig e Falin Cáceres, vocalista, baterista e baixista, respectivamente, son os protagonistas da historia da música catalana nas últimas tres décadas.

Els Pets teñen música para todos os gustos, son un grupo impresionante, desgrazadamente pouco coñecidos en España. Teñen o récord de asistencia a concertos en lugar pechado de Europa superando nunha noite as 100.000 persoas, recibiron no 1994 o premio Nacional de Música pola súa canción "Segon plat", levan ás costas dous discos de oro e tres premios "Éxit d'Or" entre outros.

Ao longo da súa carreira pisaron escenarios de todos os pobos e cidades cataláns, algúns en España e chegaron a incluír México DF na súa xira do 2007.

Sempre fieis ao seu estilo e á súa ideoloxía, converten os concertos nunha festa inigualábel. Reivindicativos, sensíbeis e co humor de sempre, Els Pets están de estrea con este disco.

Fràgil, segundo Lluís Gavaldá (cantante e compositor), refírese a o efémeras que son as cousas, nunha entrevista, di que "coa idade descubres que o máis importante é fràgil". Explican que coa idade aprendes a valorar as cousas e ás persoas porque eres consciente da temporalidade que envolve todo. Tema que o grupo comezou a tratar no disco Agost (2005). En palabras do autor, Fràgil, é "un escaparate de estados de ánimo e fala das relacións humanas, de encontros e desencontros, e "fràgil" é unha palabra que define toda esta temática".

No aspecto compositivo, este traballo tamén ten a súa historia xa que Els Pets quixeron facer un disco sinxelo, con pouca hornamentación, evitando coros, instrumentos extra (menos unha sección de vento), extras de estudio etc. O resultado é un disco moi traballado que non precisa de engadidos, ao máis puro estilo de Els Pets, un disco que merece a pena escoitar:

Escoita Per veure't a tu . Single do cd (que me costou moito atopar).

QUE PODO ESCOITAR ESTA SEMANA?

Escoita "Jo vull ser rei", é a primeira canción de Els Pets que me enamorou. 6 anos despois, escoito o grupo co interse do primeiro día. "Jo vull ser rei" (eu quero ser rei), é unha crítica da monarquía, que se converteu nun dos temas máis famosos de Els Pets. Pertence ao álbum "Brut Natural".

NOVIDADES

Escoita "Siberian Breaks", un dos temas do álbum "Congratulations". É o último traballo do grupo estadounidense MGMT. Tan psicodélicos coma sempre, pero menos dinámicos, empregaron o surf como nexo temático de todas as cancións deste disco. Un disco para escoitar de principio a fin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario