miércoles, 21 de abril de 2010

01- HOXE ESCOITO Maniobras en Japón

Ola, como estamos?, espero que ben. Hoxe é un gran día. É mércores, a temperatura exterior é de aproximadamente 19º e chove.

Interesante, pero non tanto como o novo disco de Love of lesbian. Que mellor para inaugurar a miña sección que homenaxeando ao amante guisante?

"Maniobras en Japón" (o cómo llevarte a casa dos discos de Love of lesbian a precio de colmado chino). Saíu o mes pasado á venda, é un cd imprescindíbel para todos os amantes do grupo.

Love of lesbian déronse a coñecer co seu álbum "Maniobras de escapismo", e consolidáronse como grupo co seu seguinte traballo, "Cuentos chinos para niños del Japón". A idea deste proxecto é xuntar estes dous discos nunha soa edición en dous cds. Inclúe tamén unha canción inédita, "Alehop" que se tocou no estudio mentres gravaban o disco de "Cuentos Chinos", e que nunca vira a luz.

Love of lesbian gravara xa tres discos en inglés antes de publicar "Maniobras", e case non tiveran éxito. Deste pasado, a banda de Santi Balmes decidiu rescatar "Love Song Nº 79.899", do disco "Ungravity" (2003) para este traballo. Este tema é curiosamente o meu favorito dos gravados en inglés. O cantante da banda, recoñeceu nalgunha ocasión que a etapa "inglesa" fora un erro. Un camiño cara á definición do grupo. É por isto que me resulta curioso que incluíran este tema.

"Maniobras de escapismo", "Universos infinitos", "La niña imantada", "Mi personulidad" ou "Shiwa" son algúns dos temas que se atopan neste dobre cd, "a precio de colmado chino"...
Intimistas ate a morte, descastados das emocións e indiscutiblemente orixinais, Love of Lesbian volven á actualidade con este novo álbum made in Japón.

Vémonos o domingo na miña sección de Jazz. Bo dia.

QUE PODO ESCOITAR ESTA SEMANA?
Segue a descubrir Love of lesbian, dálle unha oportunidade aos seus discos en inglés. Non te decepcionarán. Escoita "Ungravity (Still amazed by the stars)", do disco "Ungravity".


NOVIDADES
Facto xa non está, son agora "Delafé y las flores azules" os que publicaron o mes pasado o ábum "Delafé y las flores azules Vs.Las trompetas de la muerte". O seu disco máis dinámico e divertido. Escoita "La Primavera"

1 comentario:

  1. Grandes LOL:)

    Muchas gracias por pasarte, yo también quería dejar mi huella. Un beso!

    ResponderEliminar