domingo, 11 de abril de 2010

09: The Girl In The Other Room, Diana Krall

(Diana Krall) Canadiense, nacida nunha familia de músicos, empezou a tocar o piano aos catro anos. Influenciada pola música de jazz que escoitaba o seu pai, e pola súa avoa que era cantante do xénero. Adquiriu destrezas rápidamente e axiña entrou na banda de jazz da Escola Superior de Vancouver. Con 15 anos tocaba xa regularmente nalgúns restaurantes da cidade.

Con 17 anos gañou unha beca para estudar na Berklee College of Music de Boston. Atraída pola voz de cantantes como Nina Simone, acabou por incorporar letras aos seus temas.

Ao longo da súa carreira traballou con moitos grandes do jazz e os seus discos acadaron un recoñecemento impresionante polo público e pola crítica en xeral.

Diana Krall fai unha música moi intimista e ao mesmo tempo moi dinámica. É dicir, composicións sentidas pero non aburridas. Ten temas lentos e temas rápidos. Composicións divertidas e outras máis reflexivas, un pouco de todo, quizáis podiamos chamar ao seu repertorio, música da vida. Ten cancións para todos os momentos.

Composicións complexas na harmonía e sinxelas na rítmica, dan sensación de lixereza e relaxación. Unha voz sensual e unhas letras intimistas que narran historias e critican o que non está ben.

Unha voz potente e firme, unha prodixiosa capacidade para interpretar e unhas composicións que deixan a boca aberta, son os segredos que fan da música de Diana Krall unha experiencia moi interesante para os nosos sentidos.

O disco que vos propoño hoxe, "The Girl In The Other Room", foi gravado no 2004, en honor da súa nai que morrera dous anos antes. Déixovolo aquí.

Vémonos a semana que ven, non deixedes de escoitar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario