
Hoxe en vez de pedirvos 5 minutos, cambiareivos 5 minutos por 50 anos.
Escoita "The man I love" de Billie Holiday. En canto premas o enlace, o cuarto onde te atopes voltarase branco e negro, turbio, os mobles vellos. Un escenario, mesas, fume, luz, aplausos. Escoitar a Billy Holiday é unha experiencia de introspección, de sensitividade. Unha experiencia musical que te fai reflexionar, sentir, cada palabra chega e fai rir, fai chorar, fai aplaudir, non sei.
A música de Billie Holiday é unha das máis sentidas da historia. Unha música inspirada pola súa truculenta vida en ambientes escuros, con compañías non recomendábeis, drogas, sexo, violencia... Cando naceu, a súa nai tiña 13 anos e o seu pai as abandonou. Con 13 anos Billie Holiday cantaba en clubes neoiorquinos e pouco despois gravou o seu primeiro disco, o trampolín ao éxito. Desafortunadamente, isto non mellorou a súa vida e as drogas e unha estafa millonaria acabaron con ela aos 44 anos de vida, con menos dun dólar na súa conta corrente. Billie Holiday está enterrada no cemiterio do Bronx en Nova Iork, pero a súa música permanece na historia, nos discos, nos mp3, en youtube, nos andeis das nosas coleccións de música, e o que é máis importante: nas nosas mentes. Eleanora, Billie, Laidy day... cantou ao mundo sobre a súa vida, sobre a sociedade, sobre as inxustizas, sobre a discriminación racial en Estados Unidos... Billie Holiday.
Vémonos a semana que ven cun novo disco de Jazz que faga un pouquiño mellores e máis felices as nosas vidas. Non deixes de escoitar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario