domingo, 17 de enero de 2010

01: Un tópico: "Kind of Blue" de Miles Davis

Miles Davis naceu, compuxo, e a súa música fixo o resto.

1959, nace "Kind of Blue" quizáis o precursor de toda a música Jazz actual, quizáis o pai do Jazz que hoxe coñecemos, "quizáis" o mellor disco de Jazz da historia da música.

"Kind of Blue" foi gravado no estudo de Columbia Records en Nova Iork con tan grandes colaboracións como o saxo de John Coltrane ou o piano de Bill Evans.

Miles Davis tiña a maxia da música nos seus dedos e con so 20 segundos de concerto pode hipnotizarte. Kind of Blue é un disco con harmonías moi traballadas, medidas e pragmáticas ao mesmo tempo que vivas, colorísticas e improvisatorias. É un disco sinxelo de escoitar no que a batería e o baixo trazan un camiño moi fácil de seguir polo que discorren todos os instrumentos dos temas. Repito que é un disco sinxelo de escoitar e de verdade vos convido a escoitalo e a compartir conmigo e con todos as vosas opinións sobre este grande dos grandes. Probádelo 5 minutos, que é o que se tarda en preparar a roupa para o día seguinte, ou o que tardas en afeitarte, podes facelo escoitando "Kind of Blue" de Miles Davis.

Vémonos a semana que ven cun novo disco de Jazz que faga un pouquiño mellores e máis felices as nosas vidas. Non deixes de escoitar!

Merca "Kind of Blue" en iNovam, tenda eBay (deixa un comentario co teu email, envíanos o teu email a inovamusica@gmail.com, chama ao 665 153 884 e recibirás información). O disco que queiras por menos de dez euros.

4 comentarios:

  1. Cóstame atopar a Miles Davis no jazz actual (desgraciádamente).

    Bótalle un vistazo a "Ascenseur pour l'echafaud" (á película e á banda sonora de Miles Davis, por suposto), é unha gozada.

    ResponderEliminar
  2. que queres dicir con que che custa atopalo?, está presente en case todo aquilo que leva a palabra jazz.
    Grazas pola recomendación!

    ResponderEliminar
  3. Por suposto que hai músicos de jazz, na actualidade, e moi influenciados por Miles Davis. Pero non tocan o que eu considero “jazz actual”, tocan jazz de fai 40 anos (como quen toca ragtime). Demian Cabaud ou John zohrn fan jazz actual, innovan, e pode que escoiten a Miles Davis na súa casa, pero esa influencia non está presente na súa música.

    Como curiosidade: Krahe fai un pequeno solo de kazú sacado de Miles no disco "La Mandrágora".

    ResponderEliminar
  4. Escoitareino.
    Faime moita ilusión que me fales de Demian Cabaud, pensaba que non sería nunca recoñecido. El si que fai un jazz complexo de escoitar e realmente moi elaborado. Tiven a sorte de recibir unha clase súa e de compartir logo con el unha conversa nunha jam sesion, e podo diccirche que é unha persoa moi moi agradábel e humilde.

    Por outra banda, proxectos como o "GHU! Project" de Abe Rábade ou o seu derradeiro disco "Solo", teñen pouco de Miles Davis.
    Podo recomendarche tamén a Michel Camilo que ten un jazz máis propio que nada.

    Saúdos!

    ResponderEliminar