domingo, 2 de mayo de 2010

12: Nina Simone, en directo dende París (1968)

Nina Simone (Estados Unidos 1933 - Francia 2003), temperamental, distante e cunha personalidade complicada, esta cantante e pianista de Jazz pasou á historia non so pola súa música senon pola súa loita.

A discriminación racial en EEUU foi o detonante da súa obra. Unha muller que loitou no Movemento polos Dereitos Civiles.

Comezou a tocar o piano aos catro anos e a cantar na igrexa da súa comunidade. Segundo foi crecendo conseguiu acceder a unha escola de música. Foi proposta para entrar nunha importante escola estadounidense e foi rexeitada pola cor da súa pel, motivo polo cal non puido acceder a ningún tipo de estudos superiores. Decidiu entón acercarse ao Jazz e ao Soul, descargando sobre os escenarios toda a vergoña que impregnaba as rúas de norteamérica no século XX. Era alí, nos escenarios, onde Nina Simone podía expresar os seus sentimentos e loitar contra as inxustizas raciais.

Comezou cantando nun clube de Atlantic City para conseguir un pouco de diñeiro co que axudar económicamente á súa familia. O tema que hoxe vos recomendo, é un dos que gravou para o Movemento polos Dereitos Civiles, no que participou activamente.

Repugnada e cansa da vergoña racista estadounidense, Nina Simone, trasladouse a Barbados no 1974. Foi perseguida pola axencia tributaria estadounidense por non pagar impostos durante tres anos (en protesta pola Guerra de Vietnam). Residiu en varios países europeos ate rematar en Francia no 1992. No ano 1999, Simone, recibiu un premio aos logros artísticos de toda unha vida en Dublin. Morreu en Francia no ano 2003.

Nina Simone, gañou no sentido máis duro da palabra, o recoñecemento que acadou ao longo da súa vida, e é merecedora do mito no que se converteu. Pola súa persoa e pola súa obra, merece moito máis que os nosos 5 minutos semais. Escoitádela. Interrupcións, unha voz forte, cancións comprometidas, derroches sentimentais, gran empatía co público e cun carácter impresionante, Nina Simone deixa este álbum gravado no 1968 nunha sesión en directo en París.

No hay comentarios:

Publicar un comentario