lunes, 5 de diciembre de 2011

Optimus Primavera Sound: un novo festival alternativo no país veciño

Dende hai unhas semanas os afecionados galegos á música alternativa estamos de noraboa; no mes de outubro a promotora do festival barcelonés Primavera Sound anunciaba a creación do seu irmá pequeno, o Optimus Primavera Sound, sendo o lugar elexido para a súa celebración a cidade portuguesa de Porto, a dúas horas das grandes cidades do sur da comunidade.

Días despois comezaron a anunciarse as primeiras confirmacións de músicos. Os primeiros foron a islandesa Björk, e os estadounidenses Jeff Magnum (membro dos desaparecidos Neutral Milk Hotel), Codeine e Yo La Tengo; nada mal para comezar. A medida que van pasando as semanas vanse confirmando novas incorporacións, e a estas alturas xa temos 21 artistas nun cartel ao que lle quedan por diante máis de 6 meses para completarse. Entre eles podemos atoparnos a xente como Beach House, The XX, Death Cab For Cutie, Explosions In The Sky, Wilco, Shellac, Spiritualized, The Dirty Three ou The Drums.

Se con só estas confirmacións xa estades dispostos a pasarvos polo Parque da Cidade de Porto entre o 7 e o 10 de xuño, anímovos a facervos cun abono antes de que remate o ano, xa que ata esa data vos sairá por só 75 euros, un prezo bastante asequible vendo a natureza dos participantes; o San Miguel Primavera Sound de Barcelona está a 170 euros, con máis artistas iso si, pero non tantos como para compensar ese incremento de prezo polo de agora.

Tedes máis información na súa páxina oficial | Optimus Primavera Sound

No hay comentarios:

Publicar un comentario