Ola,
querido director do blog:
Moitas grazas por volcar o teu tempo en manternos informados musicalmente falando.
No pouco tempo que levo aqui metido, melloraron moitas cousas: afluencia de información, aumento das visitas, melloras gráficas...
Pero botaba en falta un pouco de Jazz. Dende hai dous meses, o problema está "solucionado" e os "5 minutos de Jazz" semanais son un éxito.
Quero subir outro chanzo máis neste proxecto e propuxen unha sección de rock, pop, indie, electro... xa é unha realidade.
Como sempre, convidareivos a seguirme neste proxecto e agardo unha boa acollida (todos os mércores)
Como xa é mítico: Non deixedes de escoitar!
Vémonos o mércores que ven, cun pouco de algo que nos faga vibrar.
(suxerencias, preguntas, intereses, recomendacións, insultos... nos comentarios, grazas)
(
Ahmad Jamal (
Onte tocábame falar de Jazz pero non fun quen de atopar a chispa no meu interior para poder compartir convosco a música como levamos facendo xa 5 semanas.
Sendo un tópico 

Aparta 5 minutos os apuntes da mesa, pon en silencio a tele 5 minutos, dálle á pausa no iTunes ou dille á tua nai que falades logo. En 5 minutos un tema de Jazz. Esta semana 

