Mostrando entradas con la etiqueta john coltrane. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta john coltrane. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de febrero de 2010

Tempo de reflexión

Onte tocábame falar de Jazz pero non fun quen de atopar a chispa no meu interior para poder compartir convosco a música como levamos facendo xa 5 semanas.

Tras reflexionar un pouco, lembrei aquilo de que a música so é música porque se contrapón ao silencio. De feito os silencios son moi apreciados por aqueles que fan jazz e moi agradecidos polos que os escoitamos. Hai silencios antes dun solo, ao final dunha canción (fade out), hai silencios entre compases que crean tensión no oínte, hai silencios na voz, os silencios dan vida e sonoridade...

E por esta semana eu vou facer tamén un silencio logo do quinto compás anterior (John Coltrane) e antes do sexto (o meu seguinte post).

Moitas grazas por acompañarme nestas 5 semanas e recoméndovos que relaxedes as vosas mentes con algún dos meus post anteriores (agrupados na etiqueta "5 Minutos de Jazz") e que logo fagades un silencio de reflexión até a semana que vén.

Para calquera cousa,
Raúl Constela Lorenzo

raul@raulconstela.com

lunes, 15 de febrero de 2010

05: Segundo tópico: "A love supreme" de John Coltrane

Sendo un tópico John Coltrane (Wikipedia), permaneceu baixo a sombra doutros grandes do Jazz até que Dizzy Gillespie (un grande) o incluíu como saxo tenor na súa banda. A partir dese momento Coltrane foi subindo modestamente os chanzos do xénero até chegar á categoría de referente. Referente para grupos tan coñecidos como The Doors, que adoptaron as súas escalas para multitude de cancións, ou R.E.M. cuxos acordes e harmonías máis compñexos son calcos do noso saxofonista do día.

A carreira musical de John Coltrane vai vinculada á súa carreira vital, en tanto que cada disco, cada tema etc representa unha viaxe introspectiva que culmina, segundo as súas palabras, cun encontro espiritual. É certo que a súa música é moi experimental e case pode ser relacionada con algún tipo de música ancestral, case ritual dalgunha sociedade primitiva. Discretamente os seus temas están cheos de ritmos africanos e de escalas moi semellantes ás empregadas polas tribos do continente nas súas festas espirituais. Isto non é palabrería xa que o mesmo Coltrane afirmaba que a súa música era un percorrido espiritual.

"A love supreme" é un dos grandes discos que este artista deixounos da súa corta (por desgraza) pero fructífera vida. Si ben eu non creo no sobrenatural, nin nos deuses, teño que admitir que escoitar como John Coltrane arrinca do saxo con esa elegancia, con esa forza, con esa expresión, cada unha das notas dos seus solos, mentres os demáis instrumentos da súa banda baixan o volume para deixar presenza ao gran mestre, deixa a un sobrecollido e coa boca pechada de admiración.

É posible que algo da espiritualidade que atopou Coltrane e que deixou nos seus discos, poida transmitirse coa súa música, pois pode chegar a ser hipnotizante. A modo de anécdota, podo contar que estou escoitándoo e cando o puxen, a miña irmá de 13 anos dixo que non quería escoitar jazz. Leva xa unha hora e media de disco e está calada, disfrutando (sen confesalo) da música de Coltrane.

"A love supreme" foi gravado dunha soa vez, e dicir, sen repeticións nin axustes. Dunha soa vez. E como proba do gran Coltrane, a súa gravación, chegou aos nosos días sen ningún cambio, tal e como dunha soa pasada, John Coltrane, McCoy Tyner, Jimmy Garrison e Elvin Jones o tocaron unha soa vez nun estudo de Nova Jersey.