Mostrando entradas con la etiqueta ebay. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ebay. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de enero de 2010

02: Tes 5 minutos para "Suntan" de Michel Camilo?

Aparta 5 minutos os apuntes da mesa, pon en silencio a tele 5 minutos, dálle á pausa no iTunes ou dille á tua nai que falades logo. En 5 minutos un tema de Jazz. Esta semana Michel Camilo.

Este mago* do teclado do piano, compuxo a súa primeira obra con 5 anos, a idade na que un rapaz comeza a ter conciencia na memoria, dos espazos físicos nos que se move. É dicir, cando vai sabendo como se chega ao colexio etc. Once anos despois (con 16) tiña xa a cátedra de música do Conservatorio da República Dominicana.

"Suntan" foi o seu segundo álbum (logo de "Why Not!") co seu trio.

Se Michel Camilo converteuse nun emblema da música non é so polo seu virtuosismo ante o piano, nin polo seu amplo coñecemento musical de harmonías, escalas etc, senón por saber combinar todas estas armas e aínda máis por saber empregar o seu bagaxe cultural e as súas raíces para crear un novo xénero ao que eu lle daría o seu nome, pero que é coñecido como "Caribean Jazz".

Coller as harmonías empregadas por Miles Davis, as escalas dóricas, xónicas ect combinadas por John Coltrane e mesturalas coa colorística e inconfundíbel música caribeña, converte a Michel Camilo no xenio da música instrumental lationamericana e nun dos mellores pianistas do panorama musical internacional. Convídovos a deixarvos perder 5 minutiños polo seu tema "We Three", paga a pena.

Vémonos a semana que ven cun novo disco de Jazz que faga un pouquiño mellores e máis felices as nosas vidas. Non deixes de escoitar!

Escoita "Suntan"

Merca "Suntan" en iNovam, tenda eBay (deixa un comentario co teu email, envíanos o teu email a inovamusica@gmail.com, chama ao 665 153 884 e recibirás información). Pide o disco que queiras por menos de 10€.

*Facer Jazz coa música caribeña non é fácil.